Finou Xohana Torres, unha das maiores referencias da nosa literatura contemporánea

Este martes, na cidade de Vigo, produciuse o pasamento dunha autora cun espazo de seu na historia da literatura galega, e sen a que sería imposible explicar o decorrer das nosas letras na segunda metade do século XX. Xohana Torres comezou a súa andaina da man da Editorial Galaxia co libro de poemas Do sulco (1957). En 1971 publicou a novela que lle deu máis sona: Adiós, María. Mais a súa obra ten outros exemplos de notable calidade literaria tanto no xénero poético (Estacións ao mar, Tempos de Ría ou Elexías a Lola), no infantil (Polo mar van as sardiñas) ou mesmo no ensaio (Eu tamén navegar).

Dende Letra en Obras, a xeito de pequeno tributo, deixamos esta modesta pero fermosa homenaxe audiovisual que lle fixeron o pasado curso a Xohana Torres dende o IES Fontexería (Muros).

1 Comentario

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*