‘Creep’, intrahistorias dunha canción que marcou a década dos 90

Este mes de setembro cúmprense 25 anos do lanzamento dunha das cancións máis emblemáticas da década dos 90. A banda inglesa Radiohead daba a coñecer ‘Creep’, un tema que, curiosamente, pasou bastante desapercibido ata que un ano máis tarde (1993) foi reeditado e se converteu nun éxito mundial. O peso da canción chegou a ser tal que Radiohead renunciou a tocalo durante anos debido a que o público apenas mostraba interese polo resto do repertorio.

A historia de ‘Creep’ arranca cando Thom Yorke, o guitarrista e vocalista da do grupo, compuxo o tema cando era un estudante universitario. A letra narra a historia dun estudante borracho que trataba de chamar a atención dunha moza, pero non pode facelo debido á súa escasa autoestima.

Pero que pasou para que un tema que pasara desapercibido se convertese un ano despois nun éxito? A razón principal foi a implicación dunha radio estudantil da cidade de San Francisco, que comezou a pinchalo case a diario. Axiña se converteu  nunha especie de himno entre os universitarios e, ao pouco tempo, en todo o mundo.

Deixámosvos o videoclip do grupo e un marabilloso cover que fixo en 2009 un sen teito estadounidense, Daniel Mustard, que acabaría gravando despois un disco propio.

Cover de Daniel Mustard

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*