Bieito Romero: “O minifundio nas mentalidades impide que haxa un movemento musical exportable”

Bieito Romero

Despois de “moitos anos” sen actuar na capital portuguesa, Luar na Lubre regresa a Lisboa pola porta grande na xira que conmemora os seus trinta anos de vida. Este xoves, ás 21:30 horas, tocarán no Teatro Tivoli BBVA. Ao fío desta actuación, o diario luso Público fala co líder da banda. Na conversa, Bieito Romero sostén que “estamos no mellor momento artístico de toda a historia da música galega, nunca houbo tantas propostas como agora, nunca houbo tan bos músicos como agora”. Mais o músico coruñés apunta un lastre que ve neste momento de esplendor: “O minifundio en Galiza non existe só nas terras, existe tamén nas mentalidades, e iso impide que haxa un movemento musical forte e con capacidade de exportación”. Como contraste a este esplendor musical, Romero explica que cada vez é máis complicado vivir exclusivamente da música: “Hoxe sobrevivimos da música, pero tamén doutras actividades. Eu fago radio, son profesor de gaita, combinamos unhas cousas con outras”.

Poden ver aquí o texto completo que o xornalista Nuno Pacheco escribe no diario Público

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*