‘A fábrica de nada’: o gran filme sobre a crise portuguesa

Unha das mellores películas portuguesas dos últimos anos está dirixida por un director novel (Pedro Pinho). Alén das súas fronteiras, a longametraxe está a dar que falar (e moito) este ano entre a crítica europea. Unha proba é unha distinción nos Premios Fipresci (Cannes) e o CineVision (Múnic)

‘A fábrica de nada’ conta a historia dun grupo de traballadores que un día descobre que a dirección está roubando máquinas de empresa. Comeza un conflito laboral que, máis aló das relacións profesionais, tamén vai cambiar toda a contorna que os rodea. Mais entre un panorama desolador, Pedro Pinho non esquece o humor e unha ollada que foxe do dogmatismo e do previsible.

Deixámosvos o tráiler do filme que aínda chega esta semana á salas comerciais portuguesas.

E tamén algunhas repercusións na prensa:

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*