Polémica polo trato ao libro en galego na Feira da Coruña

Eli Ríos

A feira do libro da Coruña, un dos mellores escaparates do sector editorial galego, vén acompañada este ano de sobresaltos e polémica. Relega a organización a literatura galega a un segundo plano? Prebendas para os autores foráneos e precariedade para os do país? Eli Ríos abriu a billa das críticas este domingo cun texto (“Ata cando imos calar?”) no que dispara contra a Federación de Librarías de Galicia e o Concello da Coruña: “(…) a programación da Feira do Libro, a Federación de Libreiros de GALICIA (nótese a retranca) e a Carpa dos Libros ofrecen 52 eventos relacionados co libro en galego e 70 en español. Deses 52 a maioría están colocados fóra da fin de semana ( só catro en galego nesta franxa). Deses 70 en español hai unha grande cantidade que están presentados por escritor@s galeg@s que, na programación oficial e difundida desde o mesmo Concello da Coruña, colocan os seus respectivos nomes en minúsculas mentres que os d@s escritor@s en lingua española están en maiúsculas.”

Pero Eli Ríos vai moito máis aló e pon de manifesto a dobre vara de medir da Federación de Libreiros cos autores e autoras galegas “(…)Esas mesmas persoas que durante os meses que non hai Feira organizan presentacións de balde no voso comercio para que as grandes plataformas de venda non vos obriguen a baixar a reixa. E de balde imos ás Feiras. Si, é certo, as persoas que escribimos pagamos a nosa gasolina, as peaxes, dedicamos horas ás viaxes, etc, e iso sae dos nosos petos. E nunca nos queixamos. Ata agora.” No texto, logo de preguntarlle ao goberno local se “realmente é este o sistema literario que queredes defender?” tamén pide que se debullen publicamente os datos do que se investiu na feira do libro.

Ledicia Costas

A escritora Ledicia Costas sumouse pouco despois ás críticas dende as redes sociais:  “Contraprogamar do xeito en que se fixo é para min sinónimo de boicotear. E o boicot ao libro galego e as autoras e autores galegos desde certa parte do sector das librarías coruñesas, co apoio económico do Concello da Coruña, é algo tan delirante que a esta altura coido que só queda recibir unha explicación de quen corresponde. Polo que a min respecta, se este é o modelo que se vai implantar de agora en diante na Feira do Libro da Coruña, baixo deste tren en marcha. Xa haberá outro ao que subir. Outro onde nos mimen, nos coiden e nos respecten”.

Máis comedido, pero tamén crítico, o máximo responsable de

M. Bragado

Xerais, Manuel Bragado, publicou este luns unha entrada no seu blog (“Sobre a a organización da Feira do Libro da Coruña”) na que expresa a súa “decepción” coa feira coruñesa e pide unha reflexión sobre a necesidade de repensar estes eventos

 

2 Comentarios

  1. Hola. Me gustaría invitar a Eli Ríos y a Ledicia Costas a abandonar el victimismo porque antes de arremeter de manera tan furibunda, tildando a las librerías de Coruña de mendigos porque si no es por ellas echarían el cierre, a que se informen correctamente de lo sucedido para después opinar. No busquen fantasmas ni manos oscuras. Lo único que ha pasado es que ante un modelo agotado de ferias del libro han surgido nuevas iniciativas que como los recién nacidos necesitan la ayuda de todos para ir creciendo y mejorando.
    Las librerías llevamos muchos años luchando para sacar adelante nuestros negocios para dar de comer a nuestras familias y tratando de buscar el equilibrio entre lo económico y lo romántico como para que a la mínima que ha habido algún aspecto mejorable en la organización algunos traten con ello de echarnos al público encima. Les podría enumerar la cantidad de ocasiones que hemos ofrecido nuestras librerías a sus editoriales para realizar de forma conjunta la promocion de sus obras sin obtener respuesta alguna.
    Para limpiar su imagen buscan abrigo en la librería Cartabón y Suevia como únicas defensoras de Galicia y del buen gusto literario.
    Les invito a que pasen por nuestras librerías para ver nuestro trabajo en defensa da nosa lingua. Porque tan importante e a visibilidade de media hora nunha feira como o espacio nas estanterías e o traballo cotián durante 365 días ó ano. Por certo, dígalle aos seus amigos de Cartabón, que tanto verrou en contra de Carlota Corredera,que faga o favor de sacar o seu libro das súas estanterías de Vigo xa que estanlle sacando espacio a alguna obra en galego.

  2. Ola Libreira, creo que te equivocas calificando de “victimismo” os comentarios de Eli Ríos e Ledicia Costas. Lin as súas reflexións e chego a conclusións distintas ás que ti chegas. Debatir para mellorar a situación é bo e hai que felicitar a quen o promova. E respecto ao traballo nas librarías en defensa dos libros e da lingua seguro que no fondo estamos de acordo: traballan as librarías, pero tamén os autores. E polo que entendo, coa diferencia de que aos autores galegos e en galego parece que se lles dá por feito que teñen que ir gratis e, cando as administracións subvencionan, a quen se lle paga non é a eses autores e autoras que apoian as libreiras todo o ano, senón aos autores e autoras da “farándula”. Esa é unha das críticas que entendo que se fan, pero se estou equivocada ou entendín mal?, gustaríame escoitar máis opinións.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*