Bea Lema, Premio Castelao de Banda Deseñada 2017

Bea Lema

Por vez primeira logo de doce edicións, unha muller, a coruñesa Bea Lema, gaña un dos premios  de banda deseñada máis importante do país: o Castelao, que organiza a Deputación da Coruña. O xurado, presidido pola vicepresidenta do ente provincial, Goretti Sanmartín, e por Emilio Fonseca, Xosé Tomás, Natacha Bustos e Pablo Auladell decidiu escoller este traballo entre os dezaseis presentados a concurso (a maior participación na historia do certame). Na xustificación do premio, que está dotados con 6500 euros, subliñase a “intensidade dramática sen caer no sentimentalismo” e a “sensibilidade para contar patoloxías mentais desde o punto de vista infantil”. A resolución do premio recoñece tamén o valor de O corpo de Cristo á hora de “mostrar a resilencia dunha nena fronte aos problemas adultos” e, en canto o traballo gráfico da obra destaca que a autora prima unha “liña elegante e delicada que transmite atomósferas emocionais moi complexas, apoiándose en metáforas visuais moi intensas e potentes”.

Bea Lema, nacida na Coruña en 1985, formouse como deseñadora de produto na Universidade da Coruña. Con 24 anos comezou a súa carreira profesional na firma de cerámica Sargadelos. En 2013, canda Xoán Torres, puxo en marcha o proxecto Lelédacuca, onde experiementan un deseño que combina tradición e modernidade. Na actualidade é socia da cooperativa 7H, desde onde desenvolve o seu traballo en relación ao deseño de produto e a ilustración.

Podes ver exemplos dos seus traballos nesta súa web persoal.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*