Outono de novidades na RAG

Chus Pato

Logo da paréntese do verán, haberá ventos de renovación na Real Academia Galega. O primeiro cambio está previsto para o 23 de setembro. Esa é a data escollida para que Chus Pato ler o seu discurso de ingreso como membro numerario. A cerimonia terá lugar no IES Otero Pedrayo de Ourense.

Con Chus Pato entra na Academia unha das voces máis destacadas da poesía galega do último cuarto de século. A poeta ourensán publicou dende 1991 once libros, moitos dos cales (Urania, A ponte das poldras, Nínive ou m-Talá) recibiron o aplauso unánime da crítica especializada e do público lector de poesía.

Mais esta non será a única novidade deste outono na RAG. Marina Mayoral comezará a súa etapa como membro de honra da institución e tamén tomarán posesión dos seus cargos sete novos membros correspondentes: Takekazu Asaka, Marcos Bagno, Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar e Helena Zernova.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*