Marcos Calveiro, Premio García Barros de Novela 2017

O xurado durante o anuncio do fallo

Este mércores fallouse na Estrada un dos principais premios de novela en lingua galega: o García Barros. O xurado escolleu a obra ‘O xardineiro dos ingleses’, do escritor Marcos Calveiro. O premio que este ano chegou á súa 39ª edición entregarase nas vindeiras semanas. O galardón, ademais da publicación do libro, está dotado de nove mil euros en metálico. O propio autor reaccionaba en twitter escribindo o seguinte texto: “Feliz, era a derradeira novela do caixón, agora teri que porme a escribir”

Calveiro é un dos narradores galegos máis premiados nesta última década. A este último premio hai que sumar unha multitude de premios de prestixio, entre os que están o Premio da Crítica de narrativa galega (2008), Premio Barco de Vapor (2008), Premio Lazarillo (2009), Premio Raíña Lupa (2010), Premio Merlín (2012) ou o Premio Narrativa Breve Repsol (2015).

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*