4º Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei

Convivio da Cultura Galega en Outeiro de ReiO próximo sábado 8 de xullo, na Terra Chá, novo día de festa da cultura.

En só catro edicións, o Convivio da Cultura Galega organizado pola Casa-Museo Manuel María, a Federación Galiza Cultura e a Asociación Cultural e Musical Solfa converteuse nunha cita de éxito e consolidada no calendario das romarías culturais do país.

A edición deste ano terá o seguinte programa:

11.00 h: Acollida na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei (detrás do edificio do concello)
11.15 h: Benvida na horta da Casa-Museo por parte das entidades promotoras do Convivio da Cultura Galega.
11.30 h: Saída a pé para a carballeira de Santa Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizar unha ofrenda floral a Manuel María.
12.00 h: Actuación na carballeira de Santa Isabel da Banda de música de Begonte-Rábade-Outeiro  e da Banda e Coro da asociación cultural e musical Solfa
14.00 h: Xantar demorado. Cada quen trae a súa comida. O espazo conta con algunhas mesas e a organización pon as cadeiras.
17.00 h: Foliada na carballeira con distintos grupos musicais (Milesios, Pirilampo…) que interpretarán unha serie de pezas e aberta a quen queira cantar, tocar, bailar…
Podedes contactar a través do correo contacto@casamuseomanuelmaria.gal e do teléfono 698177621

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*