Do 16 ao 18 de xuño, en Vigo, chegan os versos dun feixe de poetas de toda Europa.
Non só de Galicia, senón de Portugal, Irlanda, Reino Unido, Eslovenia e España. Esta é a peneira de autoras e autores que nesta edición chega ao Festival Internacional de Poesía ‘PoemaRia’, en Vigo, na fin de semana do 16, 17 e 18 de xuño, e que como en edicións anteriores prioriza a voz da muller na poesía:
- Ana Luísa Amaral
- Pepe Cáccamo
- Carmen Camacho
- Paul Casey
- Yolanda Castaño
- María do Cebreiro
- Estíbaliz Espinosa Río
- Gelria
- Filipa Leal
- Nathan Mann
- Antía Otero
- Luz Pichel
- María Reimóndez
- María Sánchez
- Xina Vega
- Isaac Xubín
O evento inclúe este ano un programa de obradoiros, todos os martes de xuño, durante cinco semanas, baixo o lema “A Poesía non morde, aínda que as veces debería”, en colaboración co MARCO Vigo. Durante a fin de semana do festival haberá recitais en diversos espazos da cidade. Aquí o programa completo.
Aquí unha peneira ao chou da obra dalgunhas das autoras e autores participantes:
Estíbaliz Espinosa
A inexistencia de Eva, de Filipa Leal
Paul Casey – Anginyamalalanga (I haven’t Disappeared)
‘Toma de Tierra’, espectáculo con Carmen Camacho