O Día das Letras 2018 dedicaráselle a María Victoria Moreno

María Victoria Moreno será a cuarta muller á que se lle dedique un Día das Letras. Dende que se instituíu esta celebración en 1963 ata o de agora só outras tres escritoras gozaron do máximo recoñecemento académico: Rosalía de Castro (1963), Francisco Herrera Garrido (1987) e María Mariño (2007). A RAG decidiu por maioría dedicarlle as Letras 2018 a María Victoria Moreno, unha autora que destacou especialmente pola calidade das súas obras dedicadas ao público infantil e xuvenil. Mais tamén fixo achegas no campo do ensaio, a poesía e incluso no da tradución.

Estremeña de nacemento chegou a Galicia moi nova para exercer a docencia. Non tardaría en comprometerse fondamente coa lingua e a cultura do país. Finou na cidade de Pontevedra, en 2005, aos 64 anos de idade.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*