‘Nin rosmar un laído’, corenta anos de compromiso ao vivo

Este 2017, concretamente o vindeiro 28 de outubro, vanse cumprir corenta anos dun disco histórico para a canción galega: Nin rosmar un laído. Suso Vaamonde elixiu o Cine Veiga de Moaña para gravar integramente as once cancións que compoñen o álbum (dos primeiros ao vivo que se fixeron no país). Neste traballo musícanse textos de Celso Emilio Ferreiro, Manuel Rodríguez López, Darío Xohán Cabana, Manuel María, Bernardino Graña e Lamas Carvajal. Para este traballo, que se converteu nun símbolo para a esquerda nacionalista daquel tempo, Vaamonde (que aínda non cumprira os 27 anos) contou coa colaboración de grupos e artistas como Fuxan os Ventos, Pilocha ou Verbas Xeitosas.

Deixámosvos unha das cancións máis célebres daquel disco. E tamén podes escoitar todos os temas nesta ligazón.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*