Coruña Dixital abre o ‘Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación’

Coruña Dixital abre o ‘Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación’Presentado como espazo de encontro, colaboración e aprendizaxe para persoas e colectivos interesados na cultura audiovisual contemporánea, os novos medios e a transformación dixital.

O Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación (LAIC), presentado no marco do programa Coruña Dixital, prevé desenvolver actividades vencelladas ás novas linguaxes audiovisuais, desde as micro-narrativas populares ata o documental interactivo ou a realidade virtual e aumentada.

O traballo cos contidos na plataaforma Youtube, as posibilidades do cinema crowd e as comunidades en liña como promotoras de proxectos audiovisuais son outros campos de actuación, que inclúe os videoxogos ou as narracións transmedia. Haberá que agardar á volta do verán para coñecer a programación completa do LAIC. O programa Coruña Dixital está coordinado por Sergio Lago e a responsable do LAIC é Marí Yáñez. Na web de Coruña Dixital pódese facer seguimento das iniciativas que xa se están a traballar na cidade.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*