O pop en galego está a vivir unha etapa quizais histórica. Se hai pouco falabamos dos últimos traballos de Ataque Escampe, Chicharrón ou Esposa, agora é o momento de escribir unhas liñas sobre Atrás Tigre, unha banda que está a sorprender á crítica co seu primeiro álbum: Fainos saír. A banda é a feliz colisión entre tres poetas: Olalla Cociña (teclados e voz), Xiana Arias (baixo e voz) e Antón Blanco (batería), e o xornalista Pedro Solla (guitarras, xilófono, claves e voz).
Este venres comezan a xira de presentación do disco en Compostela (Festas de San Pedro). E en Letra aconsellamos non perdela!
-
- Podes escoitar aquí o os dez temas de ‘Fainos saír’