A Carballeira de Zas programa festa grande desde o folk-metal ata Milladoiro

Acaba de presentarse a 34ª edición dun clásico dos festivais de verán. 4 e 5 de agosto en Zas.

“Son veas polas que circula a nosa música e a nosa cultura”, subliñou Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación e responsábel da área de Cultura, acerca dos festivais dos que a Carballeira de Zas, que se presentaba nese acto, é referente fundamental.

“Os festivais, como o corazón, irradian cultura e son un potencial de desenvolvemento económico e turístico. Niso, Zas ten a chave da torre do tesouro e está nunha carballeira”, sinalou Goretti Sanmartín dun evento que bota man da árbore máis galega para se identificar. Ademais de Goretti Sanmartín, participaron na presentación do festival que se desenvolveu na Coruña o Tenente Alcalde de Zas, Óscar Lema, o Concelleiro de Cultura de Zas, Manuel García, o Director de Festival, Fidel Otero e Víctor Mantiñán en representación de Son Estrella Galicia.

Como cada ano, a tarde do sábado a Carballeira de Zas está pensada para o goce de persoas maiores e pequenas, contando con zona de gastronomía, espazo lúdico infantil, feira de artesanía e diferentes actuacións a partir das 14h.

Venres 4 de Agosto a partir das 21:00 h:

  • Os fillos do Estramonio
  • Gwendal
  • Korpiklaani
  • Pan de Capazo

Sábado 5 de Agosto A partir das 14:00h:

  • Dequenvessendo (Sesión Vermú Nordesía)
  • Fanfarria Taquikardia (Sesión Vermú Nordesía)
  • Cé Orquestra Pantasma

Actuarán:
Grupos da A.C Castro-Meda de Zas
“Foliada” da Carballeira. (Unha foliada aberta a todos os amantes das festas tradicionais, ruadas e seráns. Os músicos que se animen a participar e se anoten en foliada@festadacarballeira.com tenrán entradas de balde para o festival, e un servizo para gardar os instrumentos.)

Sábado a partir das 21:30h

  • Radio Cos
  • Milladoiro
  • Moxie
  • Rare Folk

www.festadacarballeira.com

Velaquí un par de pezas de grupos participantes para ir abrindo boca:

Ämmänhauta, de Korpiklaani

Madama, de Radio Cos

Milladoiro en Ortigueira

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*