‘Todo canto fomos’, de Xosé Monteagudo, e ‘O cuarto das abellas’, de Antía Otero, triunfan na Gala do Libro 2017

‘Todo canto fomos’, de Xosé Monteagudo, e ‘O cuarto das abellas’, de Antía Otero, trunfan na Gala do Libro 2017O Teatro Principal de Compostela acolleu este sábado unha das grandes citas literarias do ano: A Gala do Libro, evento que organizan conxuntamente as asociacións de escritores, libreiros e editores. ‘Todo canto fomos’, de Xosé Monteagudo, e ‘O cuarto das abellas’, foron elixidas como mellores obras de Narrativa e Poesía de entre todas as publicadas ao longo do ano 2016. Deixámosvos a listaxe de todos os premios (vía AELG), a xustificación de cada elección e a ligazón ao vídeo da gala:

Ensaio

Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María. De Mercedes QueixasEditorial Galaxia

O xurado estima que é unha obra moi pedagóxica, de fácil lectura e moi divulgativa, con funcionamento moi exitoso nas librarías.

Tradución

Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de BretañaAnónimo. Tradución: Henrique Harguindey Banet. Rinoceronte Editora

O xurado valora nesta tradución a dificultade técnica de imitar o estilo doutra época e valora positivamente a idoneidade e necesidade a escolla esta obra para a tradución ao galego

Proxecto literario na rede

A Sega. Plataforma de Crítica Literaria

Valórase a aúna esforzos de crítica literaria e divulgación. Capacidade de artellar a varias mulleres facendo crítica, resaltando a vertente feminista da plataforma.

Literatura infantil e xuvenil

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. De Ledicia CostasEdicións Xerais de Galicia

Estimouse o proceso de transformación moi imaxinativo empregando o recurso da muller planta, a partir do que se teceu unha historia moi imaxinativa e plástica, que permite unha lectura moi visual.

Iniciativa bibliográfica

Aulas sen paredes. De Rosalía Fernández Rial. Edicións Positivas

O xurado valora a metodoloxía empregada e a introdución de linguaxe non verbal. Trátase dunha obra que pon en valor un xénero que non soe ser a primeira escolla polo que se inclina o lectorado. Trátase dos poucos traballos de didáctica probada en galego

Iniciativa cultural ou de fomento da lectura

Ciclo Vermú entre libros (Libraría Paz)

Valórase que é unha iniciativa con moito esforzo e reducido orzamento. Aposta por un modelo empresarial moi axeitado para dinamizar o mundo da libraría.

Libro ilustrado

Canta connosco. De Óscar VillánKalandraka Editora

Pola súa fluidez e narrativa do ilustrador. A súa plástica orixinal escapa da redundancia co texto, achegando un significado propio co seu deseño.

Teatro

Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada. De Carlos LabrañaEditorial Galaxia

Sobrancéase o feito de ser capaces de introducir nunha obra unha cuestión de ctualidade. É un libro orientado a un público que non soe consumir este xénero, polo que se valora a necesidade de darlle valor ao teatro infantil. Destacan o labor do autor como escritor teatral.

Xornalismo Cultural

Zig-Zag

Pola constancia da atención ao xornalismo cultural, sustentada na necesidade de espazos culturais dentro da televisión pública. É un proxecto que valora a cultura e, concretamente, visibiliza o sector do libro.

Narrativa

Todo canto fomos. De Xosé MonteagudoEditorial Galaxia

Pola súa calidade, moi ambicioso que acada o seu obxectivo: reflectir a realidade dunha época. É unha grande novela con pouco recoñecemento.

Poesía

O cuarto das abellas. De Antía OteroEdicións Xerais de Galicia

Destácase a creación que crea un mundo propio a través de imaxes. Trátase dun diálogo coa literatura que conmove ao lectorado

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*