Iria Veiga gaña o XIII Premio a artigos xornalísticos de lingua Concello de Carballo

Iria Veiga

Iria Veiga Ramos vén de sumar o seu nome á historia do premio a artigos xornalísticos normalizadores que dende hai trece anos organiza o Concello de Carballo. Un xurado que estivo conformado por Xurxo Chapela, xornalista e escritor; Paula Vázquez, xornalista; Xosé Manuel Pereiro, xornalista; e Nel Vidal, técnico de normalización lingüística do Concello, como secretario, con voz e sen voto, elixiu estre traballo entre os máis de corenta que se presentaron a concurso.

A gañadora, veciña de Compostela e psiquiatra no Hospital Comarcal do Barbanza, recibirá 1250 euros en metálico e verá o seu texto publicado en diferentes medios. Segundo indicou na acta, o xurado recoñeceu «a súa sinxeleza, concisión e capacidade de incidencia no público a través dun texto con estrutura circular que pon de relevo a relación entre lingua e poder social. A través dunha experiencia concreta dunha médica visibilízanse prexuízos sobre a lingua e a necesidade de superalos. Desde o xurado considérase que o artigo pode incidir positivamente no prestixio social do idioma, nomeadamente na sanidade, mais tamén, en xeral, en todos os ámbitos e sectores de prestixio».

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*