Certame de música galega da USC

Filoloxía da USC convoca un certame musical para fomentar a escrita de pezas en galego. Prazo aberto deica o 22 de setembro.

Co obxectivo de fomentar a escritura de letras de cancións en lingua galega e a creatividade por parte da mocidade universitaria, así como para contribuír á descuberta de novos talentos no eido da música, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía, en colaboración coas Comisións de Normalización Lingüística das Facultades de Ciencias da Comunicación, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias da Educación, Enfermaría e Xeografía e Historia, convoca o I Certame de Música Galega, de acordo coas seguintes BASES:

Participantes

Poderán participar no Certame formacións musicais de calquera número de integrantes ou solistas. No caso das formacións musicais, cando menos un dos participantes debe estar cursando estudos na USC no curso 2016-2017, e será quen actúe como representante do grupo.Os participantes que interve- ñan como solistas deben estar matriculados na USC no mesmo curso.

Filoloxía da USC convoca un certame musical para fomentar a escrita de pezas en galego.Cancións

Admítese calquera xénero musical e calquera temática. As letras das cantigas deberán ser orixinais e inéditas, estaren escritas en lingua galega, e non teren sido premiadas noutros concursos. Tampouco non se poderán presentar a outros concursos durante o período desta convocatoria ata que se publique a decisión do xurado. Cada participante só poderá presentar unha obra. As/os concursantes deberán achegar unha declaración na cal garantan a autoría da obra e que os seus dereitos non están comprometidos nin pendentes de veredicto en ningún outro concurso musical. Esta declaración estará incluída no formulario de autoría que se publicará na páxina web da Facultade de Filoloxía (http://www.usc.gal/gl/centros/filoloxia).

Cada traballo consistirá nunha gravación da canción en soporte dixital (en formatos .mp3, .wav, e .ogg) e na transcrición da letra. Establécese un límite máximo de 2 páxinas DIN A4 mecanografadas, cunha extensión máxima de 3.000 caracteres. A gravación durará como máximo 7 minutos. Non se establece unha duración mínima.

Entrega de traballos

O traballo, integrado pola gravación nos formatos indicados e a transcrición da letra, enviarase ao correo electrónico zfixdeca@usc.es. Asemade, nun sobre pechado presentarase cuberto un formulario (Anexo I da presente convocatoria) no que os participantes poderán especificar a adscrición da canción a un ou a varios xéneros musicais e no que deberán constar os seguintes datos: nome e apelidos de todos os participantes, número dos seus documentos de identificación, e copia simple do DNI ou pasaporte, correo electrónico, teléfono de contacto e número dunha conta bancaria (IBAN). O formulario dirixirase nun sobre pechado dirixido ao seguinte enderezo: Decanato da Facultade de Filoloxía
Avda. Castelao, s/n, Campus Norte,
15782 Santiago de Compostela

A entrega do formulario poderase facer no propio Decanato da Facultade de Filoloxía e nos rexistros xerais da USC en Santiago e Lugo, ou ben por correo postal certificado ou nos demais lugares previstos na lexislación vixente. No exterior do sobre pechado constará a mención “I Certame de Música Galega da USC”.

Prazo

O prazo de presentación remata o mércores 22 de setembro de 2017 ás 14:00 horas.

Xurado

O xurado estará integrado por cinco membros elixidos pola Comisión de Normalización Lingüística (CNL) da Facultade de Filoloxía e nomeados pola súa presidenta. Dous membros serán membros do PDI da Facultade. Os outros tres membros serán profesionais do ámbito da música sen relación actual coa Facultade. A/o presidenta/e e a/o secretario serán elixidas/os de entre o profesorado do Centro polo propio xurado. A composición do xurado darase a coñecer na data de publicación da súa decisión.

Resolución e premios

Establécense os seguintes premios: 1º premio: 1.000 euros e diploma.
2º premio: 700 euros e diploma.
3º premio: 300 euros e diploma.

Entrega de Premios e Festival de Música

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía, en colaboración coas Comisións de Normalización Lingüística das Facultades de Ciencias da Comunicación, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias da Educación, Enfermaría e Xeografía e Historia, organizará un Festival de Música no que actuarán os finalistas, e que se celebrará no mes de outubro de 2017.

Toda a información e formulario de inscrición

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*