Ataque Escampe, fin de semana no balneario de Mondariz

Non hai dúbida de que Ataque Escampe é unha das mellores bandas de rock (de pop, ou como se lle queira chamar) en activo. Dende que en 2007 publicaran o seu primeiro disco, Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos, non pararon de dar mostra dun notable talento (que chega a ser sobresaínte cando reparamos nas súas letras). Mais, os nervios son os nervios, e ata os Ataque Escampe precisan ir a balnearios. Esta mesma semana veñen de estrear na rede o videoclip “Mondariz-Balneario” (dirixido e realizado por David Silva).

Mondariz-Balneario (Ataque Escampe)

Onte fun andar pola beira do Sil e pensei que a vida é como un río. Había tempo que non ía por alí e continúa todo igual de aburrido: pais contra pais á saída dos colexios, nenos que van pelexar cos seus amigos. Xa non teño Facebook para poñerme a espiar (o persoal é moi presumido) nin espazo para arquivos ilegais, documentais de Estados Unidos: Napoleón na pirámide de Keops, as dimensións do espazo infinito. E cando trato de ser eu mesmo, mexa un can negro no meu portal. Por min non conspirará o universo. E asumo xa que a felicidade non chegará xamais. Teño un cravo tan cravado no corazón que con razón me doe sempre o peito, teño sempre unha constante preocupación por ir por diante do que vai sucedendo. Sorte fatal a que vai sempre comigo. Cal é o mal que me vén de nacemento? Pero por máis que o desexe forte, nunca son quen de sentirme ben. No tarot sempre me sae a morte. E cando vou contigo pasar unha fin de semana ao balneario de Mondariz-Balneario de retiro espiritual, tamén.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*