Deica o 20 de maio permanece aberta a convocatoria. Xa podes ler e votar os finalistas.
aRi[t]mar galiza e portugal é un proxecto didáctico-cultural desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela para divulgar a poesía galego-portuguesa e colaborar no acercamento da cultura e a lingua dos dous países.
Coa organización do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os departamentos de galego e de portugués, ao longo do ano lectivo trabállanse de forma didáctica os textos e as músicas co alumnado e, posteriormente, escóllense mediante votación en liña as mellores cancións e poesías editadas en Galiza e en Portugal no ano anterior, neste caso, en 2016. Este ano xa se votaron as mellores pezas musicais, e ata o 20 de maio podedes votar os mellores poemas.
Finalistas na categoría galega:
- Baldosas (Carlos Negro)
- Marcela & Elisa (A Coruña – 1901) (Carlos Negro)
- Nunca mascotas (Paula Carballeira)
- TERRADENTRO (Paco Souto)
- Poema malva (Charo Lopes)
- A morte (Francisco Cortegoso)
- Memoria (Paula Carballeira)
- Parque (Rosalía Fernández Rial)
- Encoros (Lara Dopazo)
- Parir un lugar (Olalla Tuñas)
Aquí podedes ler todos os finalistas en galego
Finalistas na categoría portuguesa:
- Penso em ti (Alexandra Santos)
- Tragam-me un home que me levante com os olhos (Cláudia R. Sampaio)
- Mortos (Ana Cunha)
- Um tempo, um sítio, dentro de circunstâncias (Miguel Cardoso)
- Compramos o jornal à sexta-feira (Miguel Cardoso)
- Vem à quinta-feira (Filipa Leal)
- Europa (Filipa Leal)
- Amor adiado (Ana Correia)
- Vazio (Angelino Santos Silva)
- Fui a Bruges esquecer um amor (Pedro Craveiro)
Aquí podedes ler todos os finalistas en portugués
O próximo outubro haberá unha Gala de entrega dos premios con actuacións e intervencións dos galardoados.