Silvia Pérez Cruz lanza disco novo: ‘Vestida de nit’

Con tres discos en solitario, Silvia Pérez Cruz (Pallafrugell, 1983) é unha das voces máis sobresaíntes do panorama estatal. En 2012 publicou 11 de novembre e dous anos máis tarde Granada, un disco que a fixo chegar a un público xa máis masivo. O seu último traballo ata agora era Domus (2016), banda sonora da película Cerca de tu casa. Agora acaba de anunciarse a saída do que será o seu cuarto disco (‘Vestida de nit). A data elixida é o vindeiro 12 de maio. O novo traballo da cantante e compositora catalá (con vínculos familiares con Galicia, concretamente polas terras de Laza) volverá a estar marcado polo plurilingüismo: catalán, castelán, portugués…

Un dos temas en galego do repertorio de Pérez Cruz: “Meu meniño” (Disco 11 de novembre, 2012)

“No hay tanto pan” (Disco Domus, 2016)

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*