Quinta do Bill e Ses, autores das pezas favoritas no aRi[t]mar

‘Faz bem falar de Amor’ e ‘A paz esquiva’ gañan esta edición do certame no apartado musical.

“Vivo procurando un verso para encarcerar
todo este sentir que desgarra
e a rosas que fan que aínda poida soportar
a carne viva
E até no máis alto monte respirar
e gardar os ollos das savias
Vivo procurando un verso para encarcerar
a paz esquiva
Vivo procurando un verso para encarcerar
un cansancio que me desgasta
e o tedio que chega para recordar
que a vida pesa (…)”

Así di a letra de ‘A paz esquiva’, de Ses, do disco “Opoñerse á Extinción” (FolMusica 2016), peza gañadora no apartado de música galega desta edición do aRi[t]mar, proxecto didáctico-cultural promovido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela para colaborar no acercamento da cultura e a lingua de Galicia e Portugal.

“A paz esquiva”, de Ses:

Por outra parte, velaquí un extracto da letra da peza gañadora no apartado de músicas de Portugal, a titulada “Faz bem falar de Amor”, da autoría da banda de folk-rock lusa Quinta do Bill.

“Fala-me dos dias
en que a vida pasa
E tu nem sequer a vês pasar
Fala-me do medo
Medo que te amassa
e que faz questão de te amarrar
Fala-me da noite
em que acreditaste
mas acabou tudo ao acordar
(…)”

“Faz ben falar de amor”, de Quinta do Bill:

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*