Loraldia festiabala, a cultura vasca medra nas rúas

A banda navarra Hesian, é unha das que este ano participa no Loraldia

Esta fin de semana péchase en Bilbao a terceira edición do Loraldia, un festival que medra ano a ano para se converter na principal mostra da cultura vasca. A progresión deste evento é doado de explicar graficamente. En 2015 botou a andar con catro xornadas, este ano a programación prolongouse durante todo un mes (dende o 7 de marzo ata este vindeiro sábado 8 de abril).

A asociación que impulsa esta mostra sinala no seu portal oficial que o obxectivo é “trasladar a cultura contemporánea, moderna e innovadora que se fai en éuscaro a un público o máis amplo posible, facendo fincapé na mocidade e recorrendo para iso á rede educativo. Loraldia quere ser un espazo común no que traballar e fortalecer as relacións entre os  diferentes axentes culturais e onde desenvolver as novas propostas creativas”.

A literatura, o cine e a músicas son as grandes protagonistas de Loraldia, mais tamén hai espazo para moitas outras pólas artísticas, como o teatro, a pintura ou a danza.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*