Conakry, capital mundial do libro polo fomento da lectura e a alfabetización

Este domingo 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro, unha efeméride que busca fomentar a lectura, como motor fundamental para o desenvolvemento das persoas. A data elixida pola Unesco celébrase en todo o mundo dende hai 21 anos. A partir de 2001, a Unesco, canda tres organizacións internacionais do mundo do libro (a Unión de Editores, a Federación Internacional de Libreiros e a Federación Internacional de Asociacións e Institucións Bibliotecarias) elixen a que será a capital mundial do libro durante 365 días.

Entre o 23 de abril de 2017 e a mesma data de 2018 a capital mundial do libro vai ser Conakry, a capital de Guinea. A cidade africana, que conta con máis de dous millóns de habitantes, foi elixida polo comité “pola calidade e a diversidade do seu programa, en particular, a atención que presta á participación da comunidade e por un orzamento ben estruturado e cuns obxectivos de desenvolvemento claros, que se centran na mocidade e na alfabetización”.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*