Como ides celebrar o Día das Letras na vosa escola?

No marco do proxecto educativo Primavera das Letras, a Real Academia Galega (RAG) ten aberto ata o vindeiro 10 de maio un concurso dirixido a todas as escolas de infantil primaria. O certame, que leva por nome “Contádenos o voso Día das Letras”, convida aos centros a que amosen as actividades que están desenvolvendo este ano relacionadas co autor homenaxeado: Carlos Casares.

As iniciativas que se envíen a contacto@primaveradasletras.gal incluíranse nunha sección especial da web do proxecto. Ademais entre todos os centros que participen sortearanse lotes de libro. Se queredes ver as bases ao completo e como participar deixámosvos aquí a ligazón:

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*