
Por segundo ano consecutivo a Deputación da Coruña convoca o Premio Torrente Ballester en Lingua Galega. O certame, o mellor dotado da nosa literatura e ao que poden presentarse novelas ou libros de relatos, ten aberto o prazo de recepción de orixinais ata o vindeiro 10 de xuño. O autor ou autora gañadora verán publicada a obra e recibirán un galardón en metálico de 25 mil euros.
Aínda que esta é a trixésimo novena edición do certame, a Deputación decidiu o ano pasado impulsar dúas convocatorias diferenciadas: unha para traballos en lingua castelá e unha para os que se presentan en galego (antes podían presentarse obras en calquera dos dous idiomas). Dende o goberno provincial subliñaban que coa decisión se pretendía darlle un pulo á literatura do país e converter o certame no principal referente para a narrativa en galego. Luns, de Eli Ríos, foi a novela gañadora na pasada edición.
Podes ver aquí as bases completas