Xosé Antonio Perozo asume a presidencia da OEPLI, máxima entidade estatal do Libro Infantil e Xuvenil

X.A. Perozo
X.A. Perozo

O escritor galego Xosé Antonio Perozo é o novo presidente da Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI). Perozo, actual presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), substitúe a Reina Duarte. A OEPLI agrupa a todo o sector do Libro Infantil e Xuvenil de todo o estado. Dentro desta organización hai catro seccións, en representación das linguas oficiais: Consejo General del Libro, GÁLIX, ClijCAT e Galtzagorri. Segundo explican nun comunicado, a nova presidencia ten previsto seguir coa liña de traballo da OEPLI e tamén redobrar as apostas na proxección internacional dos creadores.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*