Onde e cando gozar dos Premios María Casares as próximas semanas

Onde e cando gozar dos Premios María Casares as próximas semanasFacemos un repaso das citas nas salas teatrais das pezas galardoadas esta semana.

“O teatro porfía en saber quen hai nas entrañas da nosa humanidade, quen hai en nós mesmas na nosa soidade, quen hai na outredade que atopamos na sociedade da que formamos parte”, escribiu e leu Imma Antonio no recente Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro 2017. E desa disección da sociedade se ocupan as obras premiadas nos recentes Premios María Casares. A súa edición XXI, cuxa gala, conducida por Pepo Suevos, fixo brincadeira constante da relación entre as administracións e o mundo da cultura (podedes vela en diferido a través desta ligazón na web da TVG), tivo lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Trece espectáculos competiron en catorce categorías, resultando os máis premiados ‘O tolleito de Inishmaan’, de Contraproducións, con cinco galardóns e Eroski Paraíso, de Chévere, con catro recoñecementos. A continuación, á vez que repasamos todos os premios, ímosvos contando os lugares e horas onde poder ver cada unha das obras nas próximas semanas e meses:

‘O tolleito de Inishmaan’, de Contraproducións e Fiot Carballo (5): mellor iluminación (Afonso Castro), mellor adaptación/tradución (Cándido Pazó, Santi Romay, Alberto Rodríguez), mellor actriz secundaria (María Roja), mellor actor secundario (Evaristo Calvo), mellor actor protagonista (Santi Romay)
As datas inmediatas serán:

  • O 8 de abril no Auditorio de Vilagarcía de Arousa
  • O 19, 20, 21 e 22 no Teatro Principal de Santiago de Compostela

Eroski Paraíso, de Chévere (4): mellor música orixinal (Terbutalina), mellor actriz protagonista (Patricia de Lorenzo), mellor dirección (Xron) e mellor espectáculo.

  • A data máis inmediata cádranos un pouco lonxe, xa que será o martes 4 de Abril no Teatro Circo de Albacete. Mais podedes vela tamén no mes de abril os seguintes días:
  • Sábado 22 de Abril (20:00h.), na Aula Municipal da Cultura de Betanzos
  • Domingo 30 de Abril (20:00h.), no Centro Cultural Avenida, no Concello da Rúa
    Axenda completa

Voaxa e Carmín, de ButacaZero e Eme2 (2): mellor maquillaxe (Trini F. Silva) e mellor vestiario (Mari Seoane)

  • 01/04/17Auditorio Mera-Oleiros (20.30h)
  • 26/05/17Teatro Principal Santiago (20.30h)
  • 27/05/17Teatro Principal Santiago (20.30h)
  • 28/05/17Teatro Principal Santiago de Compostela (20.30h)
    Axenda completa

Danza da choiva, de Elefante Elegante (1): mellor espectáculo infantil
Sen datas próximas, se houber cambio podedes seguilos nas súas redes sociais para saber da última hora. A compañía ten intensa actividade estes días con outras obras

Foucellas, de Talía Teatro (1): mellor escenografía (Dani Trillo)

  • Ponteareas, Auditorio Reveriano Soutullo. sábado, 1 Abril – 20:30
  • Ourense, Auditorio Municipal. xoves, 6 Abril – 20:30
  • Cangas, Auditorio Municipal. sábado, 22 Abril – 21:00
    Máis

Raclette, de Ibuprofeno Teatro (1): mellor texto orixinal (Santiago Cortegoso)
Non ten programadas novas representacións de xeito inmediato, mais a partir de agosto volverá con forza aos escenarios. Irannos contando da axenda na web da compañía e nas súas redes sociais.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*