En Francia, aumenta o gusto pola lectura… e polos libros de papel

Os datos dunha enquisa de Ipsos para o Centro Nacional do Libro de Francia, desmontan moitos dos tópicos sobre os cambios na forma de ler. Segundo o estudo, os franceses manteñen, e incluso incrementan, o seu gusto pola lectura e…non, non abandonan o libro en papel, que segue ser o formato predilecto para unha amplísima maioría de entrevistados. O 84% dos mesmos considéranse lectores. Aínda así, hai datos tamén relevantes: as mulleres len máis ca os homes, e os maiores máis ca os mozos.

Moi significativo tamén é o aumento de libros lidos, que pasou de 16 a 20 por persoa, no caso dos grandes lectores. Aseguran que o principal impedimento para ler é a falta de tempo por motivos laborais. Aínda así, ler a terceira actividade de ocio da que máis gustan os franceses: logo de saír coas amizades e viaxar.

O estudo está baseado nun milleiro de entrevistas telefónicas feitas o pasado mes de xaneiro a cidadáns (a partir de quince anos). Dende o Centro Nacional do Libro de Francia utilizan este tipo de enquisas cada dous anos para ver a evolución dos hábitos lectores.

Podedes consultar aquí o estudo ao completo (PDF de 62 páxinas)

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*