Esposa, o novo pop florece en ‘Xardín interior’

esposaAlgo se move, e moito, nos últimos anos no pop galaico. O mellor mosaico disto é quizais a banda Esposa, que este mesmo de marzo lanza o seu primeiro disco: Xardín interior. E dicimos que Esposa é un bo caleidoscopio porque neste grupo conflúen membros ( doutras catro bandas imprescindibles no panorama actual: Monstruo, Chicharrón, Porno e Prenom. A banda, afincada en Compostela, está composta por Mar Catarina (sintetizador e voces); Cibrán Tenreiro (percusión e voces); María Villamarín (sintetizador e voces); e Xacobe González (guitarra e voces).

Xa están dispoñibles as datas para a xira de presentación polo país:

31/3 – A Reixa Tenda, Santiago de Compostela (Concierto acústico)

8/4 – Melona Fest Vol.II. Riquela Club, Santiago de Compostela

15/4 – Cuerda Floja, Ferrol (+ Vuelve Zinc + Bolga)

22/4 – Peggy Records, Ourense (Record Store Day)

18/5 – Facela Fest, Lugo.

Hai escasos días comezou a circular pola rede o primeiro videoclip do disco. Aí queda:

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*