Escoita e vota no Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural

Escoita e vota para o Premio de Teatro Radiofónico do Diario CulturalDeica o 26 de marzo podedes escoitar as pezas, dirixidas nesta ocasión por Marta Pazos.

Veos’, de Ana María Carreira Varela; ‘O quinto inverno’, de Eva F. Ferreira; ‘Un bo final’, de Carolina Alba Castro Estévez, e ‘Punto de Vista’, de Avelina Pérez Pérez, son as catro obras finalistas nesta ocasión do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Marta Pazos, directora da compañía Voadora, recibiu esta vez o encargo de adaptar as obras para o medio, desde a adaptación do texto e escolla do elenco ata a gravación e montaxe sonora. Un traballo para o que , en conversa coa directora do Diario Cultural, Ana Romaní, botou man da expresión “dramaturxia do oído”, salientando a satisfacción dun proceso que deu lugar a catro pezas moi diferentes entre si en linguaxe e acabado que mesmo “non parecen dirixidas da mesma man”. As actrices escollidas foron Melania Cruz, María Roja, Gena Baamonde e Chelo do Rejo, xunto co actor Ricardo Barreiro.

O certame te dúas categorías, o Premio da Audiencia e o Premio do Xurado. Cada unha delas está dotada de 3.000 euros. As pezas finalistas serán publicadas nun libro-CD. O xurado está integrado por Marta Pazos, Clara Gayo, gañadora do Premio do Xurado na edición anterior, Fefa Noya, directora do Centro Dramático Galego, Camilo Franco, crítico de teatro, Gloria Ferreiro, a xefa de programas da Radio Galega, e Ana Romaní, directora de “Diario Cultural”.

O público pode votar ata o 26 de marzo, a través do correo premiodiariocultural@radiogalega.es ou chamando ao número 981540530. Aquí poden escoitar as obras finalistas, peneiradas dun total de 82 orixinais presentados:

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*