As Feiras do Libro de Galicia percorrerán este ano 16 concellos

Verín, Ferrol, Santiago de Compostela, O Porriño, Lugo, Ourense, Redondela, Ribeira, Vigo, Rianxo, Mondoñedo, Ponteareas, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos, estas son as dezaseis vilas e cidades que van acoller as Feiras do Libro de Galicia nos vindeiros cinco meses. A nova difundírona este martes nunha conferencia de prensa no Gaiás o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez González, a presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez, o vicepresidente da Asociación Galega de Editoras, Henrique Alvarellos, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Dende a organización salientan que, na última década, este é o ano con máis eventos deste tipo.

A principal novidade é por un lado a incorporación a este circuíto dos concellos de Verín, Mondoñedo e Ponteareas e polo outro a saída da cidade de Pontevedra (que organizará un evento pola súa propia conta, tal e como xa fan dende hai tempo concellos como o de Carballo). O calendario de 2017 confirmado é (a falta de datas nalgunha localidade):

  • Verín. Do 31 de marzo ao 2 de abril
  • Ferrol. Do 19 ao 23 de abril.
  • Compostela. Do 29 de abril ao 7 de maio.
  • Lugo. Do 16 ao 21 de maio.
  • Do 31 de maio ao 4 de xuño.
  • Redondela. Do 8 ao 11 de xuño.
  • Ribeira. Do 22 ao 25 de xuño.
  • Vigo. Do 29 de xuño ao 8 de xullo.
  • Ponteareas. Do 27 ao 30 de xullo.
  • A Coruña. Do 1 ao 10 de agosto.
  • Viveiro. Do 13 ao 16 de agosto.
  • Foz. Do 17 ao 20 de agosto.
  • Do 23 ao 26 de agosto.

 

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*