Apaga o wifi que quero escribir!

writing-675083_960_720Teño que comezar dunha vez coa novela, a ver se dou acabando dunha vez este relato que se eterniza…A síndrome da folla en branco segue a ser unha maldición para os escritores, quizais aínda un pouco máis neste século XXI, onde a tendencia á interrupción constante das novas tecnoloxías e o navegar sen rumbo fixo por internet poden levar a procrastinación ata o infinito.

A xornalista Ana Prieto escribe este mes no suplemento cultural do diario arxentino Clarín un texto que leva por título Mil y un modos de no escribir. Entre outras anécdotas recorda que hai algún tempo o escritor Jonathan Franzen confesou que traballa nunha oficina sen internet e que usa un ordenador obsoleto ao que lle borrou os xogos que lle viñan xa por defecto. Mais no mesmo artigo lembra que o pánico á folla en branco é moi anterior a estes tempos: “Cada oficio debe ter a súa propia maneira de ser postergado, mais a propensión á demora que padecen os que escriben é especialmente virulenta e, segundo certos estudos sobre a procrastinación creativa, ten que ver máis co medo ao fracaso ou a ser cualificado de mediocre que ás distraccións tecnolóxicas”.

Ninguén dixo que escribir fose fácil, o único método efectivo é conxugar o verbo en presente. Como diría o manual de urxencias dun escritor, se non sabes por onde comezar, comeza polo principio. Tempo haberá de corrixir, pero primeiro hai que encher a folla en branco.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*