A conexión galega de Donald Ray Pollock

Donald R. Pollock
Donald R. Pollock

Donald Ray Pollock é unha das grandes sorpresas da literatura norteamericana da última década. Nado en 1954 nunha aldea do sur de Ohio, foi un autor atípico: operario nun matadoiro primeiro e nunha papeleira despois, non publicou a súa primeira obra ata os 54 anos. Mais aquel primeiro libro de relatos Knockemstiff deixou sen palabras a máis dun crítico. En 2011 sae do prelo a novela The Devil All The Time, que confirmaría como un dos grandes da narrativa actual. Ese mesmo ano Knockemstiff chega ás librarías españolas e americanas, e faino grazas a aposta de Libros del Silencio, unha pequena editora creada polo galego Gonzalo Canedo (Cerceda, 1954-Barcelona,2013). Logo tamén publicaría no mesmo selo a novela El diablo a todas horas. Os dous libros foron traducidos por Javier Calvo.

Gonzalo Canedo
Gonzalo Canedo

Catro anos despois do pasamento de Gonzalo Canedo, Pollock volve ás librarías pero nesta ocasión da man de Ramdom House. Neste mes de marzo, este selo multinacional publicará a novela de Pollock: El banquete celestial e ao mesmo tempo reeditará o libro de relatos Knockemstiff. A edición que fixera no seu día Libros del Silencio está completamente esgotada e é xa unha pequena xoia no mercado de segunda man.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*