8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo: ceibaremos as penas!

Neste 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, reivindicamos a loita pola igualdade real de dereitos entre homes e mulleres no mundo laboral (e tamén en todas as áreas da vida). Dende Letra en Obras, sumámonos á loita feminista por unha sociedade realmente democrática, o futuro tamén é unha educación e unha cultura en igualdade. Para celebrar este día, facemos noso o videoclip “8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo”. No traballo, promovido pola área de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña, participan oito nomes propios da nosa música: Uxía, Ugia Pedreira, Alba María, Sonia Lebedinsky, Carmen Rey, Pilocha, Belem Tajes e Silvia Penide.

Ceibaremos as penas!

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*