Rosalía de Castro toma aínda máis altura

980Este 2017, no que se celebra o 180 aniversario do seu nacemento, está a a ser un ano especialmente aéreo para a figura de Rosalía de Castro. Nas últimas horas confirmouse que Fomento está de acordo en que o aeroporto de Santiago sexa rebautizado co nome da nosa máis célebre escritora (tal e como propuxo hai uns días o pleno da cidade) e hoxe mércores sabemos que a compañía de baixo custe Norwegian vaille poñer o nome de Rosalía de Castro a unha das súas aeronaves (un Boeing 737-800 de 186 prazas). Responsables da empresa norueguesa xa adiantaron que a partir desta primavera o avión voará polos ceos de Europa coa imaxe de Rosalía

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*