Parada de Sil busca microrrelatos, abstéñanse historias de máis de 200 palabras

typewriter-1227393_960_720O Concello de Parada de Sil (Terra de Caldelas) convoca a quinta edición do seu premio de microrrelatos. O certame busca historias que non superen as 200 palabras, tal e como explican as bases “os autores han ten en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve caracterizado pola precisión no contar e no emprego da linguaxe, ademais dunha trama paradóxica e sorprendente”. Se estades dispostos ao desafío debedes saber que o prazo para enviar os textos remata o 3 de marzo. Hai dous premios en xogo (un de 1000 e outro de 500 euros). Cómpre lembrar que o premio, segundo lembra o propio Concello, é posible grazas a que o catedrático Eugenio Prieto Pérez, natural do municipio, doa o importe dos galardóns.

Pode ver aquí as bases íntegras (vía AELG)

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*