Manuel Veiga: “A literatura galega está demasiado preocupada por agradar”

O escritor e xornalista Manuel Veiga Taboada reflexiona esta semana no portal literario Biosbardia sobre a situación actual da literatura galega. O autor non anda con panos quentes ao sinalar que as nosas letras están nunha situación crítica debido a ausencia (e perda) de lectores: “O público capacitado e favorábel a ler en galego desertou ou nunca chegou a sumarse. Hai que preguntarse por que”

Veiga sostén que a perda de público se debe, entre outros factores, “á infantilización progresiva do estilo e dos argumentos” das obras obra literarias” e á falta de autores e autoras en lingua galega que, lonxe de se acomodar, arrisquen á hora de escribir: “A que se denomina literatura galega hoxe en día está demasiado preocupada por agradar, por facilitar o acceso dos lectores aos seus argumentos –sempre manexábeis e oportunos– e por iso mesmo se ve insincera, superficial e claramente superada por outros libros que compiten no mesmo mercado.”

Texto íntegro do artigo “A infantilización da literatura galega e o seu perigo de extinción”. Manuel Veiga (Biosbardia)

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*