‘Dormir com Lisboa’, de Fausto Cardoso Pereira, Premio Antón Risco de Literatura Fantástica

Membros do xurado e da organización do premio
Membros do xurado e da organización do premio

Esta fin de semana fallouse en Allariz a segunda edición do Premio Antón Risco de Literatura Fantástica. Nesta ocasión o gañador foi Fausto Cardoso, polo traballo Domir com Lisboa. O xurado composto por Antonio Manuel Fraga, César Lorenzo Gil, Elisa Torres, Isabel Cristina Mateus, Montse Pena Presas e Tomás González Ahola, decidiu tamén declarar finalistas outros dous traballos dos que destacou a súa calidade (O neno que soñaba coa lúa e Penumbra), aínda que non transcendeu a autoría. Urco Editora ofreceralles a posibilidade de publicación aos seus autores ou autoras.

O galardón convócao a Fundación Vicente Risco, Urco Editora, Auga Editora, Sacauntos Cooperativa Grática, Libraría Aira das Letras, Libraría Traga-Mundos, Pastelaría Fina Rey e Restaurante A Fábrica de Vilanova. O gañador recibirá 3000 euros en metálico e verá publicado o traballo nos vindeiros meses.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*