Despois de 35 anos de compromiso co libro galego, a Couceiro da Coruña anuncia o seu peche

Libraría Couceiro na Praza do Libro da Coruña
Libraría Couceiro na Praza do Libro da Coruña

Malas novas para o libro galego na cidade da Coruña. Unha das librarías máis emblemáticas e comprometidas coa nosa literatura (a Couceiro  da Praza do Libro) vén de anunciar que en pouco máis de dous meses pechará as portas. A edición local de La Voz de Galicia recolle a nova e fai fincapé que con esta previsible desaparición tamén se dá unha circunstancia paradóxica: Unha praza dos libros sen librarías (outra histórica, a Libraría Nós, pechou en 2014).

A Libraría Couceiro abriu por vez primeira en 1982. Os seus impulsores foron Carmiña Couceiro e Pepe Díaz. Sen relevo familiar, o matrimonio, que rexentara 32 anos o establecemento, traspasoulle o negocio a dúas mozas que se fixeron cargo del  en 2014. Pouco tempo despois, unha das socias deixou o proxecto e quedou á fronte Marta Moar. Agora, segundo explica, tamén decide deixar a libraría debido a saturación e a que os beneficios son moi axustados. De non aparecer ninguén interesado en seguir co establecemento, a propietaria ten pensado comezar a liquidar libros nas vindeiras semanas, con descontos superiores ao 30% nos prezos de venda ao público.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*