Concurso de Poesía Concello de Carral, vinte anos de referencia

Logo-20-anos-poesía-Carral-365x365O que empezou como un modesto premio de poesía, co paso dos anos converteuse nunha referencia para moitos autores e autoras que devecen por publicar as súas obras. O Concurso de Poesía Concello de Carral chega este ano á súa vixésima edición e celébrao cun vídeo que, ademais de lembrar o aniversario, convida a participar nunha nova edición. Este ano o prazo para presentar orixinais está aberto ata o día 8 de abril. O galardón leva canda si un premio en metálico de 2500 euros e a publicación do libro con Espiral Maior. Podes ver aquí as bases

Relación de gañadores (vía galipedia)

 

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*