Ataque Escampe ‘dispara’ novo disco en San Valentín

Ataque Escampe ‘dispara’ novo disco en San ValentínCando se cumpren dez anos do lanzamento do seu primeiro disco (Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos),a banda Ataque Escampe, aproveita a semana de San Valentín para lanzar con non pouca retranca e acidez o seu último traballo: Primeiros bicos (na portada aparece unha escopeta de caza lista para cargar).

Dende hai uns días xa circula pola rede un dos temas que compoñen este disco (Papá borracho). O videoclip, que dirixe Mar Catarina, foi producido por Prenom e xa tivo máis de dúas mil visualizacións nos catro primeiros días en youtube. A primeira presentación en vivo deste disco será o 24 deste mes de febreiro en Santiago (A Reixa Tenda, 21 horas). No escenario tamén estará o artista Emilio José

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*