Rolling Words: en busca de lectores alén das nosas fronteiras

reading-1698771_960_720Lourdes Díaz é unha filóloga barcelonesa cunha ampla experiencia no poderoso mundo editorial radicado naquela cidade. Hai un ano decidiu lanzar unha axencia literaria que leva por nome Rolling Words e que lle está a prestar especial atención a autores galegos. Unha das súas misións é mediar con editoras foráneas para que esas obras escritas orixinariamente en galego cheguen a outros mercados, especialmente o de lingua castelá.

Rolling Words ten xa a representación de tres escritores moi destacados no noso panorama literario: Fran Castro, Riveiro Coello e Xabier Quiroga. Estes último nunha peza informativa emitida na TVG mostraba a súa satisfacción por ter unha axencia que se encargará de dar a coñecer a súa obra noutros mercados, unha tarefa a miúdo extraordinariamente complexa : “Eu xa estaba como desesperado e dixen, mira, esquézoo. Escribo para os de aquí e nunca sairei fóra”

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*