O mundo da ilustración réndelle homenaxe a Álvaro Cebreiro

diadailustracioncebreiroA Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura, prepara o Día da Ilustración 2017. A efeméride que se celebra o 30 de xaneiro (data de nacemento de Castelao) quere este ano renderlle un tributo especial a un dos grandes da ilustración galega: Álvaro Cebreiro. Os actos, que se desenvolverán entre o día 26 e o 3 deste mes de xaneiro, xirarán arredor das as bibliotecas públicas de Ourense e de Lugo, a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, a Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, a Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal, a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola e a Biblioteca de Galicia.

Podes ver aquí todas as actividades programadas e consultar diverso material en liña.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*