“O lugar onde vivo”, relatos polo territorio

premiados-certames-adegaA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) pechou o ano entregando os premios da súa VI Convocatoria dos Concursos de fotografía, relato e curtametraxes polo Territorio. Nesta ocasión, fixámonos no certame narrativo, do cal podemos consultar na rede os relatos gañadores de entre o total de máis de medio cento de propostas recibidas.

“Un parque ten vontade de collage ou de paisaxe eterna. En función da ollada pode ser clásico ou vangardista, a gusto da persoa. Ata pode ser un ximnasio, se corre alguén á parte do aire, e a preguiza das follas vólvese solitaria por momentos, con envexa da forza dos pés, tamén caducos, porén máis resistentes. Semella que gusta da participación calada, o compartir da paz. Invita a un ollar amable, case sen que nos deamos conta. A árbore tolérao todo, menos as faltas de respecto. É como o corpo humano, en máis feble. Seguramente en máis sabio. (…)”

Así comeza o relato gañador do certame literario de Adega, asinado por Lois Blanco Araúxo, de Teo.

Estes foron todos os autores e autoras galardoadas e finalistas da presente edición:

CATEGORÍA ADULTA:

1º Premio:
“Ás veces, Bonaval” de Lois Blanco Araúxo (Teo). 250 euros e diploma.

Finalistas:
“Conta o meu pai” de Rocío Cadahía Fernández (Cambre). Diploma.

“Apocalipse 2038. O gardián do inferno” de Beatríz Pérez González (Amoeiro). Diploma.

CATEGORÍA XUVENIL:
1º Premio Ex-aequo: O xurado estimou que as dúas obras eran merecedoras do premio e considera que debe repartirse o premio entre as dúas autoras:
“Supermarcos” de María Carballido Cerqueiro. 100 euros e Diploma.

“Quen son eu” de María Rozados Balboa (A Estrada). 100 euros e Diploma.

Finalistas:
“O lugar onde vivo” de Lúa Carpintero Sánchez (Santiago, IES Antonio Fraguas). Diploma.

“O noso tesouro” de Ainhoa Pereiras Mosquera (A Estrada, IES García Barrios). Diploma.

“O lugar onde vivo” de Antía Domínguez Castro (Santiago, IES Antonio Fraguas). Diploma.

“Tan belo…Tan fráxil…” de Sandra Ferreiro García (A Estrada, IES García Barrios). Diploma

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*