Manu Chao reaparece con tres temas que se poden descargar de balde na súa web. As tres cancións son: “No solo en China hay futuro”, “Words of Truth” e “Moonlight Avenue”, esta última en colaboración coa actriz grega Klelia Renesi.
Chao, que reside dende hai algúns anos en Barcelona, leva practicamente unha década sen pasar por un estudio. O último disco publicado ata o de agora é “La Radiolina”, que cumpre dez anos en setembro.
Deixámosvos aquí as últimas creacións.