Unha das bandas con máis historia das que seguen en activo, Luar na Lubre, celebra este ano o seu trixésimo aniversario cunha xira que a levará nos vindeiros meses por diferentes cidades de España, Portugal e México. A principal novidade é a chegada dunha nova voz á formación. A nova cantante de Luar na Lubre é a coruñesa Belém Tajes. A artista segue o ronsel doutras vocalistas que marcaron a historia do grupo: Ana Cedrón, Sara Vidal e Paula Rey.
Deixámosvos un vídeo coa voz de Belém Tajes en Proxecto Voodoo