‘Vestir a noite, de Olalla Cociña, Premio de Poesía Afundación

olallaOlalla Cociña volverá ás librarías en 2017 e farao pola porta grande. Acaba de gañar o Premio de Poesía Afundación, un dos máis importantes do país, coa obra Vestir a noite. O xurado, composto por Dores Tembrás, Anxo Angueira, Ana Abelenda e Xabier Castro, sinalou no seu fallo que é “unha proposta poética ben artellada e consciente da súa macroestrutura. Un traballo compacto con grandes virtudes expresivas e que ofrece unha visión harmónica dos espazos e dos tempos. Cómpre destacar a imaxinería naútica e a habelencia na clausura dos textos. ‘Vestir a noite’ achega ao panorama da nosa lírica unha proposta dinámica e refrescante”.

Nunha entrevista en La Voz de Galicia, Olalla Cociña recoñece que máis aló da importancia do premio (dotado tamén con seis mil euros en metálico), este é un xeito de poder publicar, nun tempo no que resulta especialmente difícil que os libros de poemas cheguen ás librarías.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*