Cales son os mellores libros portugueses dos últimos cen anos?

883760329_1_644x461_a-casa-grande-de-romariges-aquilino-ribeiro-sintraÉ sabido que as revistas literarias e culturais en xeral son (somos) moi dadas a facer listaxes ao estilo das radiofórmulas. Aínda que moitas veces non deixa de ser pouco máis que unha brincadeira , o certo é que para gustos hai cores. Unha destas últimas listas fíxoa este outono a revista portuguesa Estante. A publicación escolleu un xurado composto por cinco membros (críticas, xornalistas e profesores) para pescudar nos mellores doce títulos da literatura portuguesa dos últimos cen anos.

Á cabeza da escolma figuran A casa grande de Romariges, de Aquilino Ribeiro; A Sibila, de Agustina Bessa-Luís; Finisterra, de Carlos Oliveira; Humus, de Raul Brandao; e o Livro do desassossego de Pessoa.

Podes ver aquí todos os títulos elixidos e os criterios do xurado.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*