Dos escenarios á primeira liña poética: Lorena Conde, Premio González Garcés

Lorena Conde
Lorena Conde

Este mércores fallouse na Coruña un dos principais premios de poesía do país: o González Garcés, que cada ano organiza a Deputación da Coruña. Houbo sorpresa: de entre os 85 traballos presentados, o xurado escolleu “Entullo”. A súa autora é a pontevedresa Lorena Conde, que ata agora era coñecida polo seu traballo como actriz, dramaturga e directora teatral

O xurado estivo composto por Pilar Pallarés, Lucía Aldao, Marga do Val, Anton Lopo e Gonzalo Hermo, presidido pola vicepresidenta e responsábel da Área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín coa xefa de servizo, Mercedes Fernández-Albalat, como secretaria. O tribunal valorou a “orixinalidade na construción das imaxes e no tratamento do tema: a visión do corpo como espazo de reconstrución, nun proceso de degradación física e emocional”.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*